Na actualidade o IGCC conta ca Escola Galega de Consumo, a través da que se executan todos os programas propios en materia formativa e ademais leva cabo diferentes programacións en colaboración con outros organismos e entidades públicas e privadas. É de destacar a colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade que permite executar os programas no ámbito educativo.

Ata que apareceu a pandemia do Covid-19, unha parte importante da actividade da Escola Galega de Consumo levábase a cabo de maneira presencial nas diferentes aulas físicas coas que conta. Nestes últimos tempos xa se realizaron algunhas programacións de maneira virtual pero o obxectivo é contar con esta Aula Virtual, sobre a que se asentará gran parte da actividade da escola de consumo.

Esta Aula incluirá unha plataforma de formación propia a través da que se irradiará a formación a todo tipo de persoas destinatarias de tódalas idades.

Entre os diferentes programas que se desenvolverán na aula estarán, entre outros, os seguintes:

  • ConsumoEduca
  • ConsumoXenero
  • ConsumoResponsable
  • ConsumoVideoteca 
  • ConsumoEcommerce

 

 

Para máis información:

 

 

Documentación e ligazóns relacionadas