Concurso
Programa educativo realizado en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, incluído dentro do Plan Proxecta, coa finalidade de promover a educación para o consumo responsable nos centros educativos da comunidade autónoma de Galicia.
Descrición do concurso
Concurso de ámbito estatal, promovido polo Ministerio de Consumo, e organizado na comunidade autónoma de Galicia polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
Participantes
Equipos de 5 alumnos/as, coordinados por 1 docente e divididos en 3 categorías de participación:
- Categoría A: 5º e 6º curso de primaria.
- Categoría B: 1º e 2º curso de ESO.
- Categoría C: 3º e 4º curso de ESO e FP Básica
Traballo final conxunto sobre consumo responsable.
Premios
- Convocatoria autonómica: 3 premios en metálico de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en 1º, 2º e 3º lugar por cada unha das categorías.
- Convocatoria nacional: os 1º clasificados autonómicos representarán á comunidade autónoma de Galicia na convocatoria nacional. Os premios consistirán nun computador portátil ou tableta para cada un dos 5 concursantes e o coordinador do equipo gañador. Ademais, recibirán un diploma acreditativo como gañadores. Os centros aos que pertenzan os equipos gañadores recibirán un premio en metálico de 2.000 euros e un diploma acreditativo.
- Diploma para todos os participantes que finalicen a 1ª fase completando o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis.
Asesoramento ao profesorado
Facilitarase orientación e apoio aos centros educativos no correo igc.escuela [at] xunta.gal (igc[dot]escuela[at]xunta[dot]gal) e no teléfono 881999091.