Santiago de Compostela, 18 de Febreiro de 2020.-

O IGCC, consciente da problemática detectada no mercado, en relación cos servizos e produtos financeiros, levará a cabo unha xornada o próximo 19 de febreiro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en colaboración co Banco de España (BE). A xornada terá continuidade con outra a celebrar no mes de marzo.

Esta xornada, baixo o titulo de “Dereito bancario”, vai destinada principalmente a técnicos das diferentes administracións de consumo e ás asociacións de consumidores, estando tamén aberta a súa participación ás persoas administradas en xeral.

Os temas a tratar na dita xornada son os seguintes:

1. Réxime aplicable a comparabilidade de comisións asociadas a contas de pago, contas de pago básicas e traslado de contas de pago. 

Trataranse entre outras cuestións: a nova terminoloxía estandarizada de servizos e documentación estandarizada de información previa e periódica, o réxime de acceso á conta de pago básica e o réxime aplicable ao novo procedemento harmonizado de traslado de contas.

2. Real Decreto-lei 19/2018, do 23 de novembro, de servizos de pago e outras medidas urxentes financeiras.

Trataranse entre outras cuestións: as novidades no ámbito de conduta, a supervisión, resolución de reclamacións e procedemento para a presentación de denuncias.

As poñentes das temáticas  expostas serán Dª Leonor Dormido Jordá e Dª Verónica Villarroya Estruch, ambas Especialistas da Unidad de Normativa de Transparencia, del Departamento de Conducta de Mercado y  Reclamaciones do Banco de España.

A duración da devandita xornada é de 4 horas, distribuídas en dúas sesións de dúas horas cada unha. O horario é de 9.30 horas a 14.00 horas.

 

Para máis información ou confirmación de asistencia no correo electrónico: igc.escuela@xunta.es ou no teléfono 881999091 / 881999075.

Temática:
Serv. financeiros e segurosProdutos financeiros