O modelo de "Folla de Reclamación" que pode descargar no seguinte enlace é para facilitar a presentación dunha reclamación por un consumidor fronte a una empresa e como consecuencia dunha relación de consumo nas Oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia. O máis conveniente é, antes de presentar a reclamación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia, que se reclame directamente á empresa o que poderá facer de calquera xeito, sendo aconsellable que lle quede constancia da reclamación e esperar 1 mes a súa resposta, e despois, de ser o caso, presentar a reclamación nas oficinas deste Instituto. Non obstante, todos os establecementoas abertos ao público deben disponer de follas de reclamación compostas dun xogo autocopiativo para que lle quede constancia da reclamación. Ademais, na páxina web do instituto existe un asistente que pode axudalo a presentar a reclamación, tanto a empresa como nas oficinas deste Instituto.
Documento
Tipo de documento:
Formulario