O ASEGURADOR, unha vez finalizada a investigación e peritaxe oportunas para establecer a existencia do sinistro, así como o importe dos danos, deberá satisfacer a indemnización correspondente. A compañía aseguradora queda obrigada a realizar o pago do importe mínimo que poida deber, dentro dos 40 días seguintes, a contar dende a recepción da declaración de sinistro. 

En todo caso, poderase substituír o pago da indemnización pola reparación ou reposición do obxecto afectado polo sinistro, sempre que sexa posible e o asegurado así o consinta.

Só quedará exonerado da responsabilidade de facer fronte ao pago da prestación naqueles supostos nos que o sinistro fose causado por mala fe do asegurado.

O ASEGURADO deberá facer fronte ao pago da prima. Se as partes pactan unha prima periódica, a primeira aboarase unha vez asinado o contrato. Establecerase no contrato a forma e lugar de pago da mesma. 

Deberás comunicar o sinistro á túa compañía no prazo máximo de 7 días desde que tiveras constancia, salvo que se fixase un prazo maior na póliza. O incumprimento deste prazo suporá que a compañía poida reclamar os danos derivados da falta de declaración.

En todo caso, na medida do posible, deberás empregar todos os medios posibles a medio de minorar as consecuencias do sinistro, a prol de permitir á aseguradora reducir as prestacións de forma proporcional atendendo aos danos e a culpa do asegurado.

O BENEFICIARIO é a persoa que recibe a prestación do seguro contratado, e que así ven designada no contrato. Este pode coincidir co propio asegurado ou ser unha terceira persoa distinta. 

Temática:
Serv. financeiros e segurosSeguros