Preguntas frecuentes

A forma de comunicar a solicitude de baixa será a prevista no contrato, entre as que obrigatoriamente deberá figurar a mesma forma que o usuario utilizou para contratar. En todos os contrato terá que aparecer o teléfono de atención ao público, a dirección electrónica e a páxina web do operador, a dirección postal da oficina comercial do operador e do departamento de atención al cliente. 

Non, os usuarios de telefonía móbil poden finalizar o seu contrato por vontade propia. Para iso, deberán comunicar previamente ao operador cunha antelación mínima de dous días hábiles á data efectiva da baixa. Se o medio para darse de baixa é telefónico, o operador deberá asignar un número de referencia para que o usuario teña constancia da xestión.