Preguntas frecuentes

É posible  pero só cando a posibilidade do mal resultado ou deterioro se fixeran constar no resgardo sinalando as especiais características da prenda e sempre que o cliente non solicitara expresamente un tratamento non idóneo para a prenda.

Nos autoservizos de lavandaría a responsabilidade da empresa queda limitada ao bo funcionamento da maquinaria e á calidade dos produtos de limpeza que poña ao teu dispor, pero nós seremos responsables da súa debida utilización. No caso de que os produtos de limpeza os aportes ti, cómpre prestar especial atención á súa etiquetaxe.

Cando a tiveras requirido e ademais tiveran transcorridos trinta días desde a data prevista de entrega.

Cando se presten servizos a domicilio, asegúrate de que a empresa dispón de follas informativas que recolla os elementos máis importantes do servizo e pide que che entreguen un exemplar.

Todas as reparacións ou instalacións que se leven a cabo en calquera taller quedarán garantidas, como mínimo, nas seguintes condicións:

  • A garantía outorgada polo taller caducará aos tres meses ou 2.000 quilómetros recorridos. A garantía relativa á reparación de vehículos industriais caducará aos quince días ou 2.000 quilómetros recorridos salvo que as pezas incluídas na reparación...