Preguntas frecuentes

Todo produto ten que cumprir os seguintes requisitos, salvo que polas circunstancias do caso algún deles non lle sexa aplicable:

a) Se axuste á descrición feita polo vendedor (exemplo: modelo ofrecido).

b) Sexan aptos para o uso a que ordinariamente se destinan os produtos do mesmo tipo.

c) Sexan aptos para calquera uso especial requirido, sempre que o vendedor admitira...

Non, todas as reparacións e substitucións que se realicen baixo a cobertura da garantía serán gratuítas para o consumidor e nelas están incluídas os gastos necesarios para sanear a falta de conformidade dos produtos, como os gastos de envío, os custes relacionados coa man de obra e os materiais. 

A garantía comercial deberá formalizarse por escrito e expresará necesariamente:

  • O ben ou servizo sobre o que recae a garantía.
  • O nome e a dirección do garante.
  • Que esta garantía non afecta aos dereitos legais do consumidor ante a falta de conformidade dos produtos co contrato.
  • Todos os dereitos que se lle concedan ao consumidor como titular da garantía...

Non é necesario, pois co xustificante de compra poderás facer valer a garantía en vigor.

 

Tamén é certo que no referido aos bens de natureza duradeira, a Lei estipula que os dereitos que a devandita lei concede ante a falta de conformidade co contrato formalizaranse sempre por escrito ou en calquera soporte duradeiro.

O vendedor responde das faltas de conformidade que se manifesten nun prazo de dous anos dende a entrega (produtos novos e de segunda man). Agora ben, para os bens de segunda man, o vendedor e o consumidor poderán pactar un prazo menor, que non poderá ser inferior a un ano dende a entrega. Dentro destes prazos a falta de conformidade que se produza dentro dos seis primeiros meses se presume que...